Aquí e Agora
a radio da xente wapa!
Somos un proxecto de radio galega e en galego que quere navegar polos novos formatos de difusión dixital. Aspiramos a medrar contigo, a crecer en contidos, seccións e colaboracións. Canta máis xente sexamos, mellor o imos pasar!
Cada sete días
Cada semana unha nova edición. Recorda: os almorzos dos domingos, a partir das 8h, xamais serán iguais!
Feita a túa medida
Unha radio diferente para un país diferente, que poderás escoitar como queiras, cando queiras e onde queiras.
Multidispositivo
Síguenos a través da nosa web, ivoox ou descargando no móbil a nosa aplicación. Aquí e agora, a radio da xente guapa 🙂
Aquí e Agora...
quen somos?
que somos?
que non somos?
Somos a xente da Asociación Cultural Vox Populi da Coruña.
Somos un programiña alegre e combativo que aspira acadar semanalmente a túa complicidade para pasarmos xunt@s un tempo feliz. Aspiramos a medrar contigo, a crecer en contidos, seccións e colaboracións.
Non somos un medio de comunicación como tal. Non facemos xornalismo, nin é a nosa intención.
Últimos podcasts
A continuación podes entrar nalgún dos tres últimos podcasts gravados. Tamén podes explorar outros máis antigos visitando todos os nosos programas.
Episodio #5 – Aquí e Agora
Volvemos para tomarlle a penúltima, antes de que remate o mundo, realizamos un novo programa en plena pandemia coronavirica para compartir contigo un tempo de radio diferente, para un país diferente!
Episodio #4 – Aquí e Agora
Abrímoslle a porta a primavera como merece, lembramos os últimos coletazos do Cason e falando de Michael Jackson reflexionamos con Sonia, Xurxo e Lois, sobre os límites á creatividade, a arte e a liberdade de expresión.

As seccións do podcast
Cada programa estará dividido en pequenas seccións para que podas desfrutar cada unha delas por separado cando queras, ou só elixas a que ti che guste!
Programas completos
Escoita Aqui e Agora ao completo, de comezo a fin, para non perder nada.
Despegamos!
Nada en concreto e todo en xeral, sempre cun punto de vertixe, asi despegamos semana a semana.
A volta ao mundo
Nesta sección poñémoslle voz ás xeracións máis novas que andan a buscar o pan polo mundo adiante.
Libros libres
Percorremos os estantes da libraría Suevia para buscar un libriño co que poñerlle máis cor á vida.
Mar abaixo
O biólogo mariño Xandre García Regueira percorre o litoral galego para achegarnos a realidade do noso mar.
Aquí pasou o que pasou
Unha viaxe atemporal e intempestiva pola intrahistoria do impais.
Recortes
O país e a súa xente, a paisaxe e a paisanaxe. Xente que ten cousas que dicir para xente que ten cousas que escoitar.
En 1ª persoa
Un tempo para coñecer a homes e mulleres libres que fan da Galiza un lugar no mundo un pouquiño mellor.
Viva el vino!
Recuperamos temas musicais que forman parte da nosa memoria e que respiran machismo en cada nota.
Na rede
Cada semana botamos a rede na rede, a ver que apañamos! Frikadas, realidades paralelas, bulos, trolas coma mundos...
Lapexada
Unha mesa de persoas diferentes, e por veces diverxentes, para quentarche a cabeciña un pouco.
O que hai que ver
Para que tomes nota, para que logo non digas que non avisamos e para que nos poñas cara.

Coa colaboración de:

A Asociación Cultural Vox Populi obtivo, entre outras, unha subvención da Deputación da Coruña dentro do programa para a realización de investimentos culturais en 2020 que axudou á adquisición dun Equipo de Audio Behringer PA 550X4, unha Mesa de Audio Behringer Xenyx X2442USB, un Proxector Benq 3000 lumens MX660p, un Dron DJV mavic pro e un DJI Osmo Pocket cos cales realizamos parte do nosos traballos, creacións e cursos formativos nos ámbitos da informática, a creación audiovisual e o ámbito radiofónico.