a radio da xente wapa!

Somos un proxecto de radio galega e en galego que quere navegar polos novos formatos de difusión dixital. Aspiramos a medrar contigo, a crecer en contidos, seccións e colaboracións. Canta máis xente sexamos, mellor o imos pasar!

Cada sete días

Cada semana unha nova edición. Recorda: os almorzos dos domingos, a partir das 8h, xamais serán iguais!

Feita a túa medida

Unha radio diferente para un país diferente, que poderás escoitar como queiras, cando queiras e onde queiras.

Multidispositivo

Síguenos a través da nosa web, ivoox ou descargando no móbil a nosa aplicación. Aquí e agora, a radio da xente guapa 🙂

Aquí e Agora...

Somos a xente da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña. 

Somos un programiña alegre e combativo que aspira acadar semanalmente a túa complicidade para pasarmos xunt@s un tempo feliz. Aspiramos a medrar contigo, a crecer en contidos, seccións e colaboracións. 

Non somos un medio de comunicación como tal. Non facemos xornalismo, nin é a nosa intención. 

Últimos podcasts

A continuación podes entrar nalgún dos tres últimos podcasts gravados. Tamén podes explorar outros máis antigos visitando todos os nosos programas.

Episodio 4 aquí e agora

Episodio #4 – Aquí e Agora

Abrímoslle a porta a primavera como merece, lembramos os últimos coletazos do Cason e falando de Michael Jackson reflexionamos con Sonia, Xurxo e Lois, sobre os límites á creatividade, a arte e a liberdade de expresión.

Escoitar podcast >>
Episodio 3 aquí e agora

Episodio #3 – Aquí e Agora

Programa moi especial o desta semana, prendimos nunha silveira chamada Miguel Pernas, botamos unha hora e pico de conversa con este xigante da interpretación galega e… sentíndoo moito quedamos sen tempo para a nosa lapexada.

Escoitar podcast >>
Episodio 2 aquí e agora

Episodio #2 – Aquí e Agora

De Franqueira a Novoneyra, pasando por Pablo Casado ou Wenceslao Fernández Flórez chega aos teus ouvidos un AQUI E AGORA atípico pero cheo de sentimento: o que lle puxemos, xunto con Cris Bajo e Vicky Louro, para falarmos da loita feminista.

Escoitar podcast >>
Aqui e agora estudo
Play Video

As seccións do podcast

Cada programa estará dividido en pequenas seccións para que podas desfrutar cada unha delas por separado cando queras, ou só elixas a que ti che guste!

Programas completos

Escoita Aqui e Agora ao completo, de comezo a fin, para non perder nada.

Despegamos!

Nada en concreto e todo en xeral, sempre cun punto de vertixe, asi despegamos semana a semana.

A volta ao mundo

Nesta sección poñémoslle voz ás xeracións máis novas que andan a buscar o pan polo mundo adiante.

Libros libres

Percorremos os estantes da libraría Suevia para buscar un libriño co que poñerlle máis cor á vida.

Mar abaixo

O biólogo mariño Xandre García Regueira percorre o litoral galego para achegarnos a realidade do noso mar.

Aquí pasou o que pasou

Unha viaxe atemporal e intempestiva pola intrahistoria do impais.

Recortes

O país e a súa xente, a paisaxe e a paisanaxe. Xente que ten cousas que dicir para xente que ten cousas que escoitar.

En 1ª persoa

Un tempo para coñecer a homes e mulleres libres que fan da Galiza un lugar no mundo un pouquiño mellor.

Viva el vino!

Recuperamos temas musicais que forman parte da nosa memoria e que respiran machismo en cada nota.

Na rede

Cada semana botamos a rede na rede, a ver que apañamos! Frikadas, realidades paralelas, bulos, trolas coma mundos...

Lapexada

Unha mesa de persoas diferentes, e por veces diverxentes, para quentarche a cabeciña un pouco.

O que hai que ver

Para que tomes nota, para que logo non digas que non avisamos e para que nos poñas cara.

Non perdas ningún programa. Non tes excusa!

… ou síguenos en Ivoox.