Episodio #0 – Aquí e Agora

Dámosvos a benvida a este programa 0 de Aqui e Agora, con Fátima López e Dani Carballada, unha radio diferente para un país diferente.

Dous bos amigos, Miro Casabella e Xurxo Souto acompañáronnos hai uns días na realización deste programa piloto que estrea a radio da xente wapa.

Saudamos a Iria Buxán, atendemos as recomendacións de Ermitas Valencia, padecemos a Shakira e até temos un momento para resucitar ao negriño de Boney M e a esa grande señora que foi Karina Falagan.

E por suposto, pechamos función co noso faladoiro de luxo: Xurxo Longueira, Sonia García Castro e Lois Diéguez.

Se che molou, deixa un comentario e comparte nas redes sociais!

Escoita o programa íntegro:



Ou vai por partes…

Despegamos

Veña que comezamos, e a radio, como a vida, lévanos a falar de cousas, un tanto extranas.

A volta ao mundo

Agora chámanlle mobilidade, pero é a mesma emigración de sempre. Poñémoslle voz cos relatos de parte da mocidade galega máis preparada da historia.

Libros libres

Ermitas Valencia da libraría Suevia da Coruña, achéganos recomendacións bibliográficas para as nosas crianzas.

Aquí pasou o que pasou

A nosa historia… contámola nós! Eso si, o temario desta asignatura non se imparte na secundaria galega, por desgraza!

Falamos con Xurxo Souto

Saudamos ao Xurxo Souto para facer con el unha viaxe de México a Rusia parando polas Antillas Neerlandesas ou o interior de Ourense.

Falamos con Miro Casabella

Falamos, en 1ª persoa, con Miro Casabella. Que ademáis de todo o que é, é unha persoa maravillosa. Luxazo!

Viva el vino!

Shakira despacha un hit machista con adubío de romanticismo. Parámonos a analizar unha letra que cousifica e perpetúa á muller como un ser inferior e dependente do macho alfa de turno.

Na rede

Até Eduardo Inda ten o seu espazo no Aqui e Agora, somos como Sogama ou Ciudadanos, válenos todo!

Lapexada

Fátima e Dani reciben a Xurxo, Sonia e Lois para falar dun tema crucial que marca a axenda política internacional: as pintadas nos baños públicos. A quen se lle conte…