Episodio #1 – Aquí e Agora

Dúas persoas coma un mundo de grandes: Xosé Cobas e Camilo Nogueira, acompáñannos na viaxe desta semana. Pero hai moito máis, dende reflexións sobre a Nocilla a un achegamento ao flamenco abertzale.

Todo e máis: Aqui e Agora!

Escoita o programa íntegro:



Ou vai por partes…

Despegamos

Ains… estas catarreiras! E aínda asi, por aqui andamos. Antes de falar con Marga Corral sobre a folga feminista do 8M temos tempo a improvisar unha micosección gastronómica onde os sugus cobran protagonismo.

A volta ao mundo

Hoxe viaxamos a Irlanda con Luis Busto! Como en Irlanda, érguete e anda!

Libros libres

Mitas Valencia, dende a Livraría Suevia da Coruña achéganos propostas literarias para as crianzas.

Aquí pasou o que pasou

Desta volta, cita obrigada, viaxamos até o País Basco, para saber que é o que opinaba o finado Arzalluz dun dos nosos políticos máis sobranceiros. Xabi, como sempre, non defrauda!

Falamos con Camilo Nogueira

Collemos recortes de Camilo Nogueira, figura clave no movimento nacionalista contemporáneo, que ven de publicar un libro sobre a historia do noso país.

Falamos con Xosé Cobas

Un auténtico pracer recibir no noso programa a Xosé Cobas. Unha entrevista coa que desfrutamos enormemente, xa que foi un tempo de conversa agradábel e cheo de matices. Pasa e escoita!

Viva el vino!

A sección máis bochornosa e vergonzante do noso programa. Rematemos de vez co machismo na música!

Lapexada

E hoxe na nosa tertulia, viaxamos a Springfield! Di ti que tendo As Pontes ou Cerceda a tiro de pedra…