Programa moi especial o desta semana, prendimos nunha silveira chamada Miguel Pernas, botamos unha hora e pico de conversa con este xigante da interpretación galega e… sentíndoo moito quedamos sen tempo para a nosa lapexada.
Pero non se preocupar, Xurxo, Sonia e Lois estarán con nós a semana que vén!
Todo e máis: Aqui e Agora!
Escoita o programa íntegro:
Ou vai por partes…
Despegamos
Comezamos falando de cinema, hoxe damos unha volta por pelis combativos, filmes que nos achegan unha perspectiva antiimperialista e internacionalista do mundo no que vivimos, pasa que, ao final… acabamos falando da Nocilla de amorodos.
Mar abaixo
Pero que gañas tiñamos de comezar a bogar POLO MAR ABAIXO, unha sección que chega da man do biólogo mariño Xandro García Regueira impulsar do espazo web MARABAIXO.GAL, para achegarnos, dende unha óptica ecoloxista, ao noso mar. Avante toda!
Aquí pasou o que pasou
Pon un pano tapando nariz e boca ou comezarás a sentir picores… desta volta viaxamos até 1987 para darnos un garbeo pola cuberta do Cason. Primeira parte…
Viva el vino y las mujeres
Hoxe a nosa jux-box machista máis noxenta pon para ti unha barbaridade feita música na voz de Ana Kiro.
Nas Redes
Pablo Casado petouno esta semana con Epi e Brais, acudimos no seu auxilio. No de Epi e Brais claro!
Falamos con Miguel Pernas
Falamos, en 1ª persoa con Miguel Pernas, un percorrido amplo e distendido por unha vida que comeza en Viveiro e transcorre a día de hoxe pola Coruña. Teatro, cinema, televisión, política… falamos incluso de amor e por certo, móllase Miguel e móllanse Dani e Fátima falando, por exemplo, do noso audiovisual. Con total liberdade e moita humanidade, asi foi a nosa parola con este dinosauro da escea galega.