
Episodio #5 – Aquí e Agora
Volvemos para tomarlle a penúltima, antes de que remate o mundo, realizamos un novo programa en plena pandemia coronavirica para compartir contigo un tempo de radio diferente, para un país diferente!
Aquí podes atopar, ordenados por data, todos os programas. Desfrútaos!
Volvemos para tomarlle a penúltima, antes de que remate o mundo, realizamos un novo programa en plena pandemia coronavirica para compartir contigo un tempo de radio diferente, para un país diferente!
Abrímoslle a porta a primavera como merece, lembramos os últimos coletazos do Cason e falando de Michael Jackson reflexionamos con Sonia, Xurxo e Lois, sobre os límites á creatividade, a arte e a liberdade de expresión.
Programa moi especial o desta semana, prendimos nunha silveira chamada Miguel Pernas, botamos unha hora e pico de conversa con este xigante da interpretación galega e… sentíndoo moito quedamos sen tempo para a nosa lapexada.
De Franqueira a Novoneyra, pasando por Pablo Casado ou Wenceslao Fernández Flórez chega aos teus ouvidos un AQUI E AGORA atípico pero cheo de sentimento: o que lle puxemos, xunto con Cris Bajo e Vicky Louro, para falarmos da loita feminista.
Dúas persoas coma un mundo de grandes: Xosé Cobas e Camilo Nogueira, acompáñannos na viaxe desta semana. Pero hai moito máis, dende reflexións sobre a Nocilla a un achegamento ao flamenco abertzale. Todo e máis: Aqui e Agora!
Dámosvos a benvida a este programa 0 de Aqui e Agora, con Fátima López e Dani Carballada, unha radio diferente para un país diferente. Pasarán polo micros Miro Casabella, Xurxo Souto, Iria Buxán e Ermitas Valencia. O faladoiro con Xurxo Longueira, Sonia García Castro e Lois Diéguez e padecemos a música de Shakira, Boney M e Karina Falagan.